Krpta d traballos

...Alguien dijo alguna vez: "por la boca vive el pez" (Adolfo Cabrales)

2.13.2007

 

A utopía de Fourier.By Mª Vellón


2.11.2007

 

COMPARACIÓN DAS DECLARACIÓNS DE DEREITOS DE 1789 E 793. Por Sabela Caamaño


A Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán e a Constitución de 1793 son documentos de grande importancia dentro do contexto da Revolución francesa, pois recollen os dereitos dos franceses dentro dun contexto histórico-temporal determinado.

A primeira, a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán, promúlgase o 26 de agosto de 1789, durante o período de monarquía constitucional, concretamente no período de goberno da Asemblea Nacional Constituínte.

Esta declaración de dereitos xorde da necesidade de organizar o novo sistema político e de definir os principios nos que se ían a basear os dereitos dos cidadáns. En resumo, recolle o programa máis básico do movemento liberal-burgués. Senta as bases, en definitiva, de dito estado liberal.

A segunda, a Constitución de 1793, xorde no marco da Iª República francesa, concretamente no período da Convención xacobina. Nela recóllense os dereitos dos cidadáns dun xeito moito máis radical, acorde coa ideoloxía xacobina e a base social pequeno-burguesa apoiada nas clases populares urbanas dos "sans-culottes".

Estas dúas declaracións de dereitos, aínda que diferentes, teñen rasgos en común. As dúas defenden a ideoloxía liberal burguesa, e participan, por tanto, dunha ideoloxía totalmente contraria á do Antigo Réxime. Deféndese nas dúas declaracións o control do poder político fronte ó absolutismo, a igualdade ante a lei fronte ós privilexios feudais e a consideración dos individuos coma cidadáns con dereitos humanos e civís, en oposición á consideración absolutista do individuo como súbdito suxeito de deberes.

As dúas tamén defenden a función da sociedade de conservar e asegurar os dereitos "naturais e imprescriptibles" do home (ver artigo 2 da DDHC e o 1 da Constitución), a lei como expresión da vontade xeral (ver artigos 6 e 4, respectivamente), e a liberdade a nivel xeral: de opinión, pensamento... (ver artigos 10 e 11 da DDHC e 7 da Constitución).

É importante, non obstante, facer unha diferenciación entre os dous documentos. Así como era diferente a ideoloxía que predominaba durante a súa época de creación tamén é diferente (aínda que sempre na mesma liña liberal-burguesa) a ideoloxía que defenden.

A Constitución de 1793 xorde durante a Convención Xacobina. Este grupo era un dos máis radicais dos partidarios da revolución, e así queda reflictido na súa declaración de dereitos. Os xacobinos (dirixidos por Robespierre) procedían da pequena burguesía e contaban cun forte apoio por parte das masas populares (sobre todo dos "sans-culottes" parisinos). A súa política ía dirixida, principalmente, á igualdade entre tódolos grupos sociais e ó recoñecemento de dereitos sociais, aparte dos individuais, para tódolos homes sen excepción.

Esta postura radical contraponse en certa medida á Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán. Esta é máis prematura, pois promúlgase na primeira fase da revolución. A Asemblea Nacional Constituínte, a súa creadora, estaba formada por deputados do IIIº estado, fundamentalmente burgueses. Nesta declaración de dereitos considérase ó individuo por primeira vez como tal (home) e como membro dunha comunidade política (cidadán). Pero, non obstante, a súa procedencia burguesa é clara, pois insiste na idea de propiedade como dereito inviolable e sagrado (ver artigo 17), e obsérvase a ausencia dos dereitos sociais citados na Constitución Xacobina de 1793 (ver artigos 21 e 22).

Profundizando máis en cada unha destas declaracións, podemos establecer diferencias máis concretas. Unha diferencia importante é o tipo de liberalismo que defenden. A primeira, a DDHC é reflexo do liberalismo doutrinario, máis conservador. De aí que defenda a soberanía nacional e o sufraxio censitario, restrinxido só ós propietarios (ver artigo 3), mentres que a Constitución de 1793 tende máis ó liberalismo democrático, defendendo a soberanía popular e o sufraxio universal masculino (ver artigo 25).

A DDHC defende a liberdade, igualdade e propiedade como dereitos "naturais e imprescriptibles" do home, ó igual que a Constitución de 1793, pero concédelle máis importancia á propiedade (reflexo da influencia da alta-media burguesía) que á igualdade (é un dereito "inviolable e sagrado", ver artigos 2 e 17).

A Constitución de 1793, en cambio, baséase na igualdade (reflexo da necesidade de apoio das masas urbanas-campesiñas), considerándoa un dereito fundamental por riba de tódolos demais. Isto reflíctese na orde de nomeamento dos dereitos: igualdade nomeada antes que liberdade, e propiedade ó final (ver artigos 2 e 3).

Tamén é importante a consideración que fai a Constitución Xacobina de 1793 da existencia de dereitos sociais, aparte dos individuais que defendía tamén a declaración de dereitos de 1789. Deste xeito a Constitución declara a asistencia pública como unha "débeda sagrada", e a instrucción xeneralizada (ver artigos 21 e 22).

Por último, aínda que se contempla o dereito do pobo á resistencia á opresión, a Constitución faino de modo máis radical e revolucionario, pois fala da insurrección como dereito sagrado, e incluso deber, do pobo (ver artigos 2 e 35, respectivamente).

En resumo, estas dúas declaracións de dereitos constitúen un dos documentos escritos máis importantes para o desenvolvemento da Revolución francesa, e serviron como modelo para outras sociedades, chegando a ter fondas consecuencias e influencias en moitas delas.

2.07.2007

 

TRANSFORMACIÓN SOCIAL DURANTE A REVOLUCIÓN FRANCESA by Raquel Vázquez

Na Revolución francesa producíronse unha serie de fondas transformacións nos ámbitos político, social, económico... Pasouse do Antigo Réxime, modelo económico-social caracterizado por unha sociedade pechada con estamentos privilexiados a outra sociedade moito máis aberta e dinámica onde o criterio de organización social é determinado pola riqueza e méritos profesionais do individuo.

Unha das causas que provocaron o estalido da Revolución francesa era a tensión social e o descontento do Terceiro estado. A burguesía, enriquecida co desenvolvemento das actividades comerciais e urbanas, estaba marxinada dentro do sistema do Antigo Réxime, tiña unha escasa influencia social e política en relación cos grupos privilexiados; por iso desexaba poder acceder ós cargos públicos e eliminar os privilexios da aristocracia.

O campesiñado, que era o grupo máis numeroso da sociedade, estaba sometido a un duro sistema fiscal e xurídico que beneficiaba profundamente á nobreza e ó clero. Entre os pagos de rendas e os impostos, ós campesiños case non lles quedaba nada.

A pesar de todo isto, foron os privilexiados os que fixeron a primeira das revoltas sociais, como protesta ante a imposición de Luís XVI de que comezasen a pagar impostos debido á mala situación que atravesaban as arcas do estado (estaba nunha creba financeira). Coas protestas conseguen que se convoquen os Estados Xerais, que non se reunían dende 1614. A nobreza espera que a alianza entre nobres e clérigos trunfe (vótase por estamentos) e non teñan que pagar impostos e incluso se volvan máis poderosos.

O Terceiro estado non está de acordo co sistema de votación, quere que sexa por cabezas e non por estamentos. Ós deputados do Terceiro estado lles pechan a súa sala de reunións, autonoméanse representantes da nación na sala do Xogo de Pelota e forman a Asamblea Nacional, que se converte en Nacional Constituínte ó ter como obxectivo elaborar unha Constitución para Francia, e ata entón xuran non disolverse. As masas urbanas tamén apoian a revolta dos deputados do Terceiro estado. Comezan as protestas nas cidades, estimuladas pola escaseza de alimentos e o temor ás represalias do rei. Considérase o inicio da Revolución o 14 de xullo de 1789, día da toma da Bastilla, cárcere considerada o símbolo do absolutismo.

Por outra banda, tamén se produce unha revolta no campo, a revolta campesiña coñecida do “Grande Peur”, en agosto de 1789. O campesiñado tiña noticias de que algo estaba a ocorrer nas cidades, e intenta sumarse a esa revolta, dunha forma espontánea e crítica co réxime feudal.

Precisamente, para frear estas revoltas no campo, a primeira medida que toma a autoproclamada Asemblea Nacional foi a abolición do réxime feudal (4-8-1789). Con este Decreto conséguese a igualdade xurídica, sen privilexios, e a abolición dos señoríos e dos impostos feudais.

Ademais, nesta etapa de monarquía constitucional, permítese o acceso da burguesía ós cargos públicos, anteriormente só en mans dos grupos privilexiados.

Trala traizón á nación francesa por parte do rei Luís XVI, comeza a Iª República no verán de 1792. A nova forma de goberno foi a Convención, un sistema no que unha Asemblea asume todos os poderes do Estado e exerce a través de comités. Na convención xirondina, destacaban os problemas internos provocados pola rebelión de La Vendée, en contra da Revolución. Durante a convención xacobina (1793-1794), con Robespierre á cabeza, é salientable o recoñecemento na nova Constitución de 1793 de dereitos sociais como a asistencia pública ou a instrucción para toda a poboación... Ademais, grávase ás clases ricas con impostos e préstamos forzosos, para atender á guerra e ás obrigas sociais do Estado.

Tamén se toman unha serie de medidas para romper a hexemonía social e cultural da Igrexa, como a creación dun novo calendario ou o establecemento de cultos e festas ó “Ser supremo” o á “Deusa Razón”.

A mediana e a alta burguesía opoñíase a Robespierre, que buscaba a mellora das clases sociais máis baixas en vez de salvagardar os seus intereses. Isto, unido á crecente oposición ó goberno dictatorial de Robespierre e ós problemas económico-sociais derivados do sostemento da guerra no exterior de Francia provocaron a caída de Roberspierre e a súa execución. Nos meses seguintes, as forzas moderadas da burguesía fixéronse co control do poder político e da Convención (chamada Convención termidoriana), que desemboca en 1795 na formación do Directorio.

Durante o Directorio (1795-1799), vólvese a unha posición social máis conservadora e obsérvase o dominio da alta e media burguesía. Este grupo social, trala experiencia radical da convención, rexeita a alianza coas clases populares. Maniféstase na defensa da propiedade e na igualdade só civil. Os dereitos sociais son eliminados, polo que tamén hai intentos de volver á radicalidade da época de Robespierre ou incluso de sobrepasala, con medidas anticipadoras do comunismo. E tamén hai intentos de volta atrás ó Antigo Réxime (rexurde a rebelión de La Vendée).

A inestabilidade política e as guerras provocaron que os xefes militares tivesen cada vez máis poder. En 1799, o xeneral Napoleón Bonaparte, apoiado pola burguesía, deu un golpe de Estado. Elaborouse unha nova constitución, o Directorio foi abolido e estableceuse un goberno de Consulado presidido por el. Desta etapa destaca o establecemento da paz coa Igrexa ó firmar un tratado coa Santa Sé (Concordato de 1801), no que a Igrexa aceptaba as secularizacións dos seus bens e recoñecía ó goberno saído da revolución, e o estado francés recoñecía á relixión católica como maioritaria en Francia e aseguraba o mantemento económico do clero. Tamén se elabora un Código Civil, no que se recolle o novo modelo social nacido da revolución inspirado nos principios do liberalismo.

Desde a Revolución francesa, houbo momentos nos que se intentou e incluso se conseguiu volver ó Antigo Réxime, pero xa non volvería a ser como antes. A Revolución francesa, sumada á Revolución industrial, cambiara o rumbo da historia para sempre.

2.06.2007

 

Comparación das declaracións de dereitos de 1789 e a de 1793


Comparación das declaracións de dereitos de 1789 e a de 1793
(por Ángela Alonso)

A declaración de dereitos do home e do cidadán, dictada no ano 1789, surxe como necesidade de organización do novo sistema político que da de sí os acontecementos en París e a revolta campesiña. A Asemblea Nacional vese obrigada a definir os principios nos que se ía basear e os dereitos básicos dos cidadáns. Esta declaración vai poñer as bases do estado liberal burgués.
Anos máis tarde, en 1793, na primeira República Francesa, concretamente no periodo da convención, surxe coa execución do rei e as guerras contra os reinos veciños que éste feito desencadea coas ameazas exteriores e as revoltas internas que propician a creación dun “Comité de saúde pública” controlada polos Xacobinos, quenes tomarán drásticas medidas, entre elas, a promulgación dunha segunda constitución, que recolle unha declaración de dereitos moito máis radical que a de 1789.
Na declaración de 1789, a “oríxe do poder político reside na nación, isto é, soberanía nacional. Pola contra, na declaración de 1793, “a soberanía reside no pobo”, é dicir, soberanía popular. As diferenzas entre ambos conceptos son o “lugar” onde reside o poder, se reside na nación, cada persoa non ten capacidade individual de decisión, xa que se portan o “corpo nacional” que é representado por una serie de persoas elixidas por sufraxio “universal” e que “ningún corpo nin individuo poden exercer unha autoridade que non emane expresamente da nación, e en cambio, se reside no pobo, a cada membro do Estado atribúeselle unha parte igual.
A declaración de 1789 ten unha serie de rasgos tales coma que “os dereitos son naturais, inalienables e sagrados”, e sen embargo en 1793, non existen os dereitos “sagrados”, os cales son “naturais e inprescriptibles”, é dicir, sen limitación.
Segundo a declaración de 1789, “a fin de toda sociedade política é a conservación dos dereitos naturais do home”, e segundo a de 1793, “a felicidade común é o obxectivo da sociedade” e o goberno debe garantir ao home.
Na primeira declaración, “os dereitos principais son a liberdade e a propiedade, así coma a seguridade e a resistencia á opresión”, sen embargo, na segunda declaración atribúeselle maior importancia a “igualdade” que a liberdade.
Na declaración de 1789 hai “restincións ós dereitos por utilidade social” é dicir “distincións sociais pero “só poden estar fundadas na utilidade común”, algo inexistente na declaración de 1793.
A declaración de 1789 non ten un artículo para asegurar os dereitos sociais tales coma a instrucción a asistencia os desamparados, que sí define a declaración de 1793 alegando que, “a asistencia pública é unha débeda sagrada” e que “a sociedade debe velar pola subsistencia dos cidadáns desamparados, ben ofrecéndoles traballo ou ben asegurando os medios a aqueles que non poden traballar”.

2.04.2007

 

A economía na época da Revolución Francesa. by Soledad Lolo




En 1789 unha serie de feitos fixeron que se desenvolvera unha revolución burguesa en Francia debido ao incremento da tension social,polo descontento da burguesía,pola difusión das ideas ilustradas e liberais,pola crise financeira do estado e pola insuficiente resposta politica.Todos estes motivos fixeron que caese o Antigo Réxime,isto fixo que se desenvolvera un novo concepto de estado no que a soberania era popular,creou un novo sistema basado nos principios de respecto aos dereitos do home.A aplicacion destes principios orixinou a conquista do poder pola burguesia e o desprazamento da aristocrasia.

Tras estes acontecimientos se pasou a ser unha monarquia constitucional na que se ven reflexadas unha serie de etapas nas que vemos como a nación francesa se organizou economicamente e a relación que ten a súa economia co liberalismo.

Neste periodo hai dous etapas a Asamblea nacional constituinte,e a Asamblea nacional lexislativa nestas duas etapas hubo unha transformación politica,social e economica que consistio principalmente en:

Comenza a haber unha liberdade economica que antes no Antigo Réxime non a habia isto é unha clara influencia do liberalismo xa que se deixa total liberdade para que a economia se regule soa.

Crease a Lei de Chapelier na que se prohiben os gremios e as asociacións de obreiros ou de comerciantes xa que estas impiden o bo funcionamento do mercado.

Se eliminan tamén todo tipo de trabas para que o mercado funcione sen limitacións.

Se decide vender os bens do clero para desta forma poder financiar o novo estado francés.

No segundo periodo da revolución francesa xa formase a República xa que se abole a monarquia constitucional no que se crea un novo goberno de convencions,neste periodo se desarrolan duas convencions a Xirondina e a Xacobina neste periodo a economia radicalizase:se produce unha situación dificil debido a guerra contra as potencias extranxeiras que provoca que haxa que controlar a economia de unha forma moi rixida.Estrabrecense precios máximos e minimos para desta forma ter controlada a poboación.

Regulanse os salarios minimos xa que non eran fixos é eran moi variables.Se fai un control dos abastecementos especialmente de productos de primeira necesidade nas grandes cidades para que non lle falte a xente comida.Se confiscan os bens da nobreza que habian emigrado para poñerse en contra da revolución e con estas terras se realiza unha reforma agraria mediante el reparto de tierras a los campesiños pequenos que os fixo propietarios.

Logo da república se deu unha terceira etapa da revolución francesa na que a obra economica é moi importante:

Consolidase a politica liberal dos primeiros momentos da revolución que nesta situación de malas colleitas e de guerra exterior isto fai que favoresca a subida de precios.Esta situación de inflación aumentase pola depresiación da moeda xa que cada vez valia menos xa que o estado produciu moita moeda e isto provocou que a inflación aumentase.

Os principais perxudicados desta situación son as clases populares.As revoltas que fixeron para que mellorase a situación e reprimida polo exercito.

Ista e a situación que se esta a vivir en xeral,favorece os propietarios burgueses.

O que fai que o pobo francés poda sobrevivir economicamente este periodo é o aporte de riquezas que veñen das guerras exteriores.O que se gaña nestas guerras serviu para paliar en parte os problemas economicos do Directorio e as do seguinte que é o último periodo revolucionario o Consulado que continua coa politica economica do Directorio.

En xeral o estado francés fixo un cambio moi forte respecto ao Antigo réxime,cambiou tanto no economico como no politico,social...

Soledad Lolo Badell 1º E Nº 9

 

Marat. O drama e seu pintor by María Vellón

Etiquetas: , ,


2.01.2007

 

COMPARACIÓN DOS MODELOS POLÍTICOS. Por Mª Vellón



COMPARANDO OS MODELOS POLÍTICOS DA MONARQUÍA CONSTITUCIONAL, DA CONVENCIÓN XACOBINA E DO DIRECTORIO


No que respecta ós modelos políticos, dende a Monarquía Constitucional, pasando pola Convención ata o Directorio, débense destacar as diversas medidas políticas acatadas.


Durante a Monarquía Constitucional, a soberanía era Nacional, isto é, o poder estaba en mans da nación, entendendo por esta ós grupos posuídores; coa chegada da Convención, o poder pasou a ser do pobo: soberanía popular; pero coa instauración do Directorio, volveuse cara atrás, e os posuídores de novo convertéronse nos poderosos.


A Monarquía Constitucional vixente dende 1789 ata 1792, primeiramente se baseou na Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán (1789), a cal recollía o programa básico do movemento liberal burgués. E despois asentou as súas bases na primeira Constitución francesa, creada en 1791. Nesta sobresaíu a importancia da soberanía nacional, a participación dos cidadáns mediante sufraxio censitario, e por suposto, a división de poderes. O rei mantiña o poder executivo, aínda que tiña que gobernar por medio de ministros.


Ó abolir en 1792 a Monarquía Constitucional, se deixa paso á unha República, na cal primeiramente se establece un goberno de Convención, é dicir, un sistema no que unha Asamblea asume tódolos poderes do Estado, exercidos a través de Comités. En 1795, trala caída do réxime de Convención, nace unha nova etapa política coñecida como Directorio na que os poderes políticos se separarán. Por unha parte o lexislativo será bicameral, constituído así pois polo Consello dos Cincocentos, que propón as leis, e o Consello dos Anciáns, que as aproba. Así mesmo o poder executivo estará formado por un Directorio de cinco membros, os cales serán elixidos polos dous consellos. O xudicial estará en mans de xuíces designados popularmente.


Acerca dos dereitos, cabe destacar o importante papel das tres Constitucións creadas durante estes tres períodos.
Na Monarquía Constitucional, nun primeiro momento sobresae a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán, a cal, entre outros aspectos, concreta os dereitos considerados naturais e imprescriptibles do home: a liberdade individual, a igualdade ante a lei e a propiedade persoal: sempre destacando este último por ser quizáis máis novedoso, reflexo do dominio burgués. Máis adiante, co nacemento da primeira Constitución francesa, xordirán outros dereitos e/ou obrigas como a participación dos cidadáns no que se refire á aprobación de certas medidas, eso sí, baixo un sufraxio censitario activo e pasivo, polo cal só poden votar certos cidadáns segundo as súas respectivas situacións económicas. Tamén quedarán garantidos os dereitos e liberdades individuais.

Durante a Convención elaboraráse unha nova Constitución na que entre outras cousas se aprobará o sufraxio universal masculino, isto é, terán dereito a voto todos aqueles varóns maiores de idade; e aparecerá unha nova declaración de dereitos, moito máis radical: agora a igualdade prevalece sobre a liberdade; non existen restriccións ós dereitos por utilidade social e se aseguran os dereitos sociais, xa non só individuais. Isto é unha gran vantaxe para os grupos sociais menos favorecidos, xa que tódolos cidadáns sen excepción, terán dereito a ser instruídos, a ser asistidos en caso de enfermidade, etc.

Pola contra, trala aprobación do Directorio, en 1799 elabórase unha terceira Constitución pola cal se voltará en parte ó programa propugnado pola primeira etapa da Revolución, xa que se eliminan os dereitos sociais, insistindo soamente nos de propiedade e igualdade. Así mesmo se recupera o antigo sufraxio censitario, a través do cal se aproba o estabrecemento da propiedade como clave do sistema político.


Para finalizar, aclarar que coa instauración da Monarquía Constitucional, a división ideolóxica dos revolucionarios desembocou na aparición no xogo político de diferentes grupos que loitaron por controla.lo poder. Así pois destacaban os monárquicos constitucionais, apoiados pola nobreza liberal e a alta burguesía; e os demócratas, separados en varias tendencias ideolóxicas: os xirondinos, apoiados pola burguesía media, defensores de posturas moderadas; os cordoeiros, que oscilaban entre as posturas xacobina e as xirondinas; e os xacobinos, apoiados polas masas populares, con ideas radicais. Foron os xacobinos e os xirondinos os que se viron especialmente enzarzados na búsqueda do poder. Así pois inicialmente a Convención estivo controlada polos xirondinos, pero o control destes moderados soamente durou un ano, xa que no 1793 fixéronse co poder os xacobinos, os revolucionarios radicais, quenes, á súa vez, despedíronse do control coa volta ó dominio da alta e media burguesía, apoiada polas clases populares.



Co estudio destes aspectos, se observa a crecente radicalización do proceso revolucionario, que alcanza o seu máximo esplendor na Convención Xacobina, puidende así considerarse a esta fase, o período democrático da Revolución. Pese a todo, esta radicalización vai desembocar de novo na moderación do Directorio.

Etiquetas:


Arquivo de traballos

noviembre 2006   diciembre 2006   enero 2007   febrero 2007   marzo 2007   mayo 2007   junio 2007  

  • PÁXINA PRINCIPAL
  • 3ILLOPARAES3A2
  • CAHIER DE DOLEANCES
  • ACTUALIDADE DA AULA
  • This page is powered by Blogger. Isn't yours?