Krpta d traballos

...Alguien dijo alguna vez: "por la boca vive el pez" (Adolfo Cabrales)

11.19.2006

 

UN TEXTO DE MARX SOBRE O MAQUINISMO según José María Carro


TEXTO DE MARX

Este texto de Karl Marx, fálanos da mecanización quese está a sufrir nos últimos anos, posteriores ó inicio da famosa revolución industrial.
Karl explícanos un proceso no que se lle da importancia a mecanización da ondustria propia do S.XVIII. Di, moi claramente, que as máquinas compóñense por tres partes ben diferenciadas: 1.o motor, 2.a transmisión e 3.máquina ferramenta.
Despois explica a elaboración que se leva para a obtención de materias primas, que é o fin que busca o ser humano. O motor (peza fundamental) pon en funcionamento o mecanismo, éste non ten outra finalidade que a de transmitir á máquina a acción de movemento sobre a materia prima.
En resumo, a máquina é o eixo principal da revolución industrial, que provocou o avance, e o abandono do traballo manual e de técnicas rudimentarias.
Toda esta revolución afectou ós diferentes sectores: no primario produciuse unha importante mecanización da agricultura, esta transfire á industria capitais para o desenvolvemento industrial. Os productos industriais: mecánicos, químicos e biolóxicos, permiten un incremento da productividade e un uso intensivo do solo agrícola. Redúcese a superficie de cultivo do barbeito.
No secundario é no que máis incide a revolución industrial, prodúcese unha transformación masiva de productos naturais nun corto período de tempo. Onde estan ubicadas as plantas industriais e onde máis se deixa sentir o impacto.
Para o funcionamento industrial é necesaria a total transformación do medio. No proceso de transformación da materia prima, esta perde peso. Esta pérdida de peso é materia perdida, que se converte nun axente contaminante.
O impacto da industria no medio non só vén da man dos seus productos, senón da enerxía que se require para o proceso de transformación das materias primas.
No de transportes intentouse aplicar a forza do vapor no arrastre (invención locomotora), así, os productos de maneira rápida e barata levábanse a diversos mercados.

11.12.2006

 

DEFININDO COQUE. Sabela Caamaño

Coque:

Combustible obtido (por primeira vez en 1709 por Abraham Darby) do proceso técnico de destilación da hulla (carbón mineral) e empregado durante a Revolución Industrial coma fonte calorífica, principalmente na máquina de vapor. Gracias a este combustible mellorouse o rendemento e a potencia enerxética do carbón aplicada, por exemplo, ó proceso de fundición do ferro.

Sabela Caamaño Pérez

 

AS RAZÓNS DO PAPEL PIONEIRO DE GRAN BRETAÑA NA Iª REV. INDUSTRIAL . Uxía Cagiao

“AS RAZÓNS DO PAPEL DE GRAN BRETAÑA
NA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL”

En Gran Bretaña desenvolvéronse unha serie de elementos, coñecidos como precondicións, que favoreceron que surxiran os cambios do sector secundario propios da Revolución Industrial. Así, este conxunto de precondicións que estimularon o desenvolvemento foron fundamentais e constituiron a base sobre a que se cimentou dita revolución.

Unha destas precondicións foi a protoindustrialización; caracterizada por organizar a actividade agraria cá textil artesanal orientando sempre os productos ó comercio. No texto de Gueston, R. (1823) podemos observar a evolución nos sistemas de producción. Inicialmente existían sistemas rudimentarios nos que todo o proceso productivo se situaba no local de traballo do encargado de elabora-los productos, basándose por exemplo na producción total dos tecidos (posto que o algodón constituiu a materia prima fundamental na Revolución Industrial). Como ben cita Gueston “dende o tratamento inicial das materias primas ata a saída como tecido, fanse na casa do tecedor”. Posteriormente, esta situación “monoproductiva” desembocou noutra denominada Domestic system na que se producían as materias primas nas fábricas, como o fiado dos tecidos, e tratábanse no domicilio como o propio tecido. Finalmente este proceso acadou o seu máximo desenvolvemento ó cegar o sistema de producción característico da Revolución Industrial; o Factory system; basado nunha gran concentración de traballo e capital (“tódalas operacións, que poñen en xogo medios moito mási complexos e amplos, desenvolvéronse nun só edificio”), o emprego da maguinaria e existencia dun mecanismo central (“Nas fábricas movidas polo vapor, cárdase o algodón, bobínase, fíase e transfórmase en tecido”) e todo baseado sempre nunha división técnica do traballo ca que se logrou un gran incremento da producción (“abonda unha fábrica soa para producir tanta cantidade de metros para o que antes se precisaba a man de obra de toda a rexión”). Esta protoindustrialización xerou riquezas que contribuiron ó aumento da poboación. Non obstante, contribuíu ó crecemento xa que permitiu a existencia de aforro e estimulou á inversión ademais de lograr favorecer ó comercio gracias a un maior consumo derivado das riquezas acumuladas. Así, aportou tamén tecnoloxías que se aplicaron á industrialización.

No texto do Censo de Gran Bretaña (1851) podemos observar o gran crecemento da poboación xa que aumentou en dez millóns de habitantes a poboación británica. Este crecemento derivou do “crecemento vexetativo” que aumentou gracias ó mantemento da alta natalidade e de melloras alimentarias, sanitarias, hixiénicas... que provocaron un descenso e caída da tasa de mortalidade. Non obstante, no texto destaca tamén o papel da emigración que proporcionou xente ó estado americano e ás colonias. Este crecemento demográfico provocou unha gran demanda de productos industriais estimulando así as actividades do sector secundario e facilitou a disposición e renovación da man de obra para dito sector.

Unha das precondicións de importancia foi tamén a Revolución agraria que grazas ás transformacións e innovacións que esta implantou conseguiu proporcionar capitais para investir na industria, achegoulle man de obra e incluso permitiu proporcionar excedentes cos que alimentou á poboación que estaba merando debido ó desenvolvemento demográfico. Non obstante, conseguiu tamén estimular ó comercio xa que esta revolución agraria supuxo unha gran demanda de productos industriais (máquinas, ferramentas...) que favoreceu paralelamente a determinados sectores punteiros como o da siderurxia. No texto de Middleton (1798) observamos tanto as transformacións técnicas como as relacionadas cá estructura da propiedade da terra. Así, descrebe a función das enclosures ou cerramentos británicos, que transformaron as terras comunais ou baldíos en propiedades privadas e incluso transformacións técnicas como a introducción de novos sistemas de cultivo. Así, as denominadas enclosures permitiron sacarlle un máximo partido ás terras, como ben cita Middleton no texto que, “tendo ó gando en zonas cercadas acadaríase manter a un número maior coa mesma cantidade de alimentos”. Incluso as anteriores terras comunais (common lands) non supuxeron unha solución ó problema do emprego e ca privatización destas terras desenvolvéronse unha serie de innovacións fundamentais para o auxe da Revolución Industrial.

Na Memoria do Conde de Broglie a Luís XVI (1776) observamos a importancia do comercio internacional, adicado á explotación de manufacturas inglesas e encargado da intermediación no comercio cos productos das colonias. Non obstante, no texto cítase a función básica que suponen as colonias, xa que son imprescindibles para o desenvolvemento do comercio e da mariña: “Inglaterra non pode prescindir das súas colonias, pois sen elas non hai un comercio, sen comercio non hai mariña, e sen mariña Inglaterra non pasaría de ser en Europa unha potencia de terceira orde”. Así, as colonias dependían da metrópole xa que o comercio internacional abasteceu a demanda de manufacturas nas colonias. Estas, desempeñaron un papel básico no comecio internacional, xa que gracias a estas, facilitouse a cegada de materias primas como o algodón, ademáis de permitir a acumulación de capital e facilitar a creación dun sistema financieiro. Estes sistemas de financiamento creáronse a través de sociedades para o desenrolo naval que evolucionaron dando lugar a sociedades de préstamo e inversión.

Esta precondición estivo íntimamente ligada cos transportes xa que gracias á sua evolución xeneráronse vantaxes para conectar có exterior e co propio interior mediante a creación de canles e estradas. Este desenrolo facilitou a existencia dun mercado ben artellado no interior e no exterior; gracias tamén á eliminación das trabas legais señoriais ó merado libre como privilexios, monopolios e aduanas. Este artellamento do mercado obsérvase á perfección no texto de Priestley (1831) no que aparece reflexado a busca de novos mercados; “O obxectivo primordial do “Pai da navegación interior británica” ... era abrir as súas valiosas minas de carbón en Coosley e abastecer de arbón á cidade de Manchester...) Estes desenvolvementos do mercado estiveron baseados tamén na cegada de materias primas baratas das colonias cás que se conseguiron beneficios que serraron in incremento das riquezas (“... a un precio moito menor do que poida proporciona-la navegación polos ríos Mersey e Irwell”) Este desenvolvemento das precondicións deu lugar a un proceso de transformacións que afectou á forma de organizar a producción no sector secundario coñecido como Revolución Industrial.

Uxía Cagiao

11.09.2006

 

A REVOLUCIÓN AGRARIA COMO PRECONDICIÓN DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL by Zeltia


Durante la Revolución Agraria ( considerada pola maioría dos hitoriadores como unha das precondicións da revolución industrial ) , a máis de transformacións na estructura da propiedade da terra, déronse transformacións técnicas na actividade agraria. Unha delas é a utilización do cultivo intensivo , o cal permitía producir elevados rendementos ós agricultores. Deste xeito xenerábanse excedentes que permitiron alimentar a unha crecente poboación que pasaba ser, cada vez máis, urbana. Habitante desas cidades nas que constituía a man de obra das fábricas .

Zeltia Cordero

 

COMENTARIO DOS MAPAS DE INGLATERRA, 1750-1850

Iniciamos con esta unha serie de entradas no noso caderno nas que daremos paso ós vosos traballos de clase, cando menos aqueles que poidan servir ó resto para preparar mellor a materia. Neste caso será o comentario dos mapas de Inglaterra en 1750 e 1850.
Disculpade polo tamaño de letra pero é por non facer excesivamente longa a entrada.

COMENTARIO DO MAPA
Estes dous mapas representan a Inglaterra con cen anos de diferencia entre cada un deles (o primeiro aproximadamente en 1750 e o segundo preto de 1850).Neste período de cen anos ten lugar a chamada Iª Revolución Industrial, nacida en Inglaterra debido a unha serie de “precondicións” que lle prepararon o camiño: como a existencia dunha “protoindustria” rural (o putting-out system e o domestic system), o crecemento demográfico grazas á baixa da taxa de mortalidade e a mellora da sanidade e a hixiene, as modificacións das leis de propiedade da terra (Enclosure Acts), o gran desenvolvemento da agricultura (Revolución agraria), o comercio internacional e os transportes, que permitiron un mellor artellamento interno.

Esta primeira revolución foi, xunto coas revolucións liberais americana e francesa (Teoría da Dobre Revolución de Eric J. Hobsbawn), a que propiciou o paso do Antigo Réxime da Idade Moderna ó novo réxime da Idade Contemporánea.Nestes dous mapas podemos observar cómo a progresiva industrialización cambia completamente o país tanto no ámbito económico como no ámbito demográfico.En canto á demografía, a Inglaterra de preto de 1750 amosaba algúns núcleos urbanos de máis de 10000 habitantes: Liverpool, Hull, Manchester, Leeds, Sheffield, Chester, Nottingham, Newcastle, Norwich, Bristol e, por suposto, Londres. A maior densidade de poboación estaba na franxa que comprende Norwich, Londres e Bristol, cruzando a illa (debido á grande prosperidade gandeira e laneira da zona) e os arrabaldes de Newcastle no norte. Por esta disposición podemos supoñer que a maior parte da poboación atopábase, ou en pequenos núcleos urbanos ou en aldeas, xa que na zona con maior densidade de poboación só había tres cidades que pasaran dos 10000 habitantes (Norwich, Londres e Bristol). Podemos observar tamén que a maioría dos principais núcleos urbanos están no interior.Por outra banda, na Inglaterra do século XIX observamos unha evidente concentración de poboación nas zonas costeiras e portuarias (Plymouth, Portsmouth, Hull, etc.) e un aumento de poboación moi pronunciado, posto que as cidades que en 1750 tiñan uns 10000 habitantes medran ata máis dos 50000 nestas datas, ademais de que pequenas cidades que antes non chegaban ós 10000 son agora cidades de máis de 50000 habitantes (como Plymouth, Portsmouth, Brighton, Birmingham, Leicester, etc.). A maior densidade de poboación, con máis de 250 hab/km2, repartíase entre as zonas portuarias, a zona de Londres ata Ashford e Canterbury, a zona de Birmingham, Leicester, Nottingham e Wolverhampton, a zona de Newcastle a os portos próximos a minas e xacementos de carbón.
Na Iª Revolución industrial pódese ver o claro éxodo rural cara ás cidades onde a liberada man de obra atopaba traballo nas fábricas urbanas, polo tanto, a poboación redistribuíuse na costa, onde están os principais núcleos urbanos polo comercio internacional por mar.Os principais portos e construccións navais de Inglaterra atopábanse en Plymouth (no condado de Devon, ó sudoeste), Portsmouth (no condado de Hampshire, ó sur, na illa Portsea), na Spurn Head (na desembocadura do Humber, preto de Hull, na parte centro-oriental de Inglaterra) e entre Whitehaven e Workington, nunhas minas de carbón na parte noroccidental de Inglaterra. Plymouth e Portsmouth son portos naturais e o porto de Workington está aí, evidentemente, pola proximidade das minas de carbón, o combustible dos navíos. Estes portos se construíron coa idea de comerciar coas colonias e traer a materia prima por excelencia da Iª Revolución Industrial: o algodón, recollido polos escravos negros dos burgueses americanos.
No primeiro mapa, o de 1750, preséntanse tres áreas de xacementos mineiros: no sur de Gales (Cardiff, Merthyr e arredores) e no sueste de Inglaterra (East Sussex, condado no que se atopa Brighton) dous importantes xacementos de ferro e na punta máis occidental de Inglaterra (no sur, en Cornualles) un importante xacemento de estaño.Non obstante, no segundo mapa, ademais do xacemento de estaño en Cornualles, atopamos numerosas minas de carbón no sur de Gales, no condado de West Midlands (no centro de Inglaterra, preto de Birmingham), no condado de South Yorkshire (no centro, preto de Sheffield), no condado de Tyne and Wear (no noreste, ó sur de Newcastle) e no condado de Cumbria (no noroeste, preto de Workington).
A Inglaterra de 1750 presenta actividades do sector primario: gando nos condados de Avon (Bristol), Northamptonshire (Northampton), Essex (norte de Londres) e Cornualles; e árbores froiteiras no condado de Kent (chamado “o xardín de Inglaterra”). Tamén atopamos actividades industriais: industria laneira no sur (posiblemente condados de Devon, Dorset, Poole e Hampshire), no centro oriente da parte inglesa da illa (no condado de Norfolk) e no norte interior (no condado de Yorkshire, en Leeds); artesanía en Nottingham (Sombreiros), Chester (Alfarería), Liverpool (Algodón) e Sheffield (Coitelería).
En 1850, vese a explotación das minas de carbón e a construcción de portos ó longo de toda a costa inglesa.Nese século de cambios constantes a poboación medrou irremediablemente debido ós excedentes agrarios producidos pola maior producción resultante da Revolución Agraria, que baixou a taxa de mortalidade. Este crecemento tan pronunciado levou ó éxodo rural e á concentración da poboación nas cidades industriais, aparecendo así o proletariado industrial, a nova clase social resultante do pensamento capitalista e a Revolución Industrial. Aumentaron tamén considerablemente o comercio con ultramar e os portos e, por conseguinte, o comercio coa lá inglesa e o algodón americano. Explotáronse os xacementos de carbón en toda Inglaterra, dándolle así combustible para os navíos e pulo ó comercio internacional, e o sector secundario pasou a dominar sobre a agricultura e a gandería.

Diego Salgado Travanca

 

Como vos contei na clase esta nova sección do noso caderno pretende poñer á disposición de todos vos algúns dos mellores traballos que fostes entregando no curso.
Agardo que vos sexan útiles.

Arquivo de traballos

noviembre 2006   diciembre 2006   enero 2007   febrero 2007   marzo 2007   mayo 2007   junio 2007  

  • PÁXINA PRINCIPAL
  • 3ILLOPARAES3A2
  • CAHIER DE DOLEANCES
  • ACTUALIDADE DA AULA
  • This page is powered by Blogger. Isn't yours?