Krpta d traballos

...Alguien dijo alguna vez: "por la boca vive el pez" (Adolfo Cabrales)

3.30.2007

 

3.25.2007

 

MURAL RESUME DA REVOLUCIÓN FRANCESA. Por Noelia Fernández

Neste magnifico traballo de Noelia atopamos reunidos momentos e personaxes claves da revolución "francoise" : Luis XVI e María Antonieta, o asalto á cárcere da Bastilla, a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán, Camille Desmoulins, Robespierre, "Mademoiselle Guillotin", a morte de Marat e o mesmo Napoleón. Todo un resumen en imaxes que lle temos que agradecer a esta compañeira.

3.12.2007

 

Proudhon, entre o socialismo utópico e o anarquismo. Por Raquel Vázquez


 

A PROPOSTA UTÓPICA DE OWEN por Sabela cp

Etiquetas: ,


 

"RESUMEN FRANKESTEIN". Revolución francesa

En 1971, a Asamblea Nacional aprobou a primeira Constitución francesa; nela precisábase a organización política do novo réxime. A forma de Estado e de goberno era a monarquía constitucional baseada na soberanía nacional, na separación de poderes e na partición dos cidadáns. Quedaban garantidos os dereitos e as liberdades individuais pero o dereito a voto quedaba restrinxido aos homes cun determinado nivel de renda (sufraxio censatario). Estes son os principios do liberalismo, reflejados na Constitución.

A Lei Le Chapelier, creada durante o periodo da asamblea Nacional lexislativa (1791) trouxo consigo unha serie de reformas económicas burguesas que lograron desprenderse en certo modo do modelo existente ata entón do Antigo Réxime. Non obstante, esta lei impediu a existencia dos gremios pero tamén as asociacións de traballadores en sindicatos.

No transcurso da Convención Xirondina intensificanse as medidas revolucionarias, entre elas lévase a cabo a execución do rei Luis XVI e máis tarde foi executada na guillotina a súa muller María Antonieta. A execución do rei agrava a guerra contra os reinos veciños. Robespierre sostiña que para cimentar a República nacente os cidadáns debían mostrar o seu desprezo á realeza. Prodúcense tamén revoltas internas como a de La Vendee que é unha revolea en contra da revolución.

Durante a Convención republicana se decide crear un exército nacional, o cal será recoñecido como un corpo que loita pola nación, entendendo por esta un órgano colectivo relacionado coa revolución. Deste xeito, quedan identificados os conceptos de exército, nación e revolución.
Así mesmo, este exército que permitirá gaña-la guerra no exterior, será un instrumento clave para a expansión da ideoloxía revolucionaria por toda Europa.

En 1793, durante o goberno da Convención Xacobina, promúlgase a Declaración de dereitos Xacobina ou Constitución de 1793, unha declaración de dereitos máis radical que as anteriores ata ese momento e partidaria dun tipo de liberalismo democrático que defende a soberanía popular, o sufraxio universal masculino e, de xeito determinante, a igualdade entre todos os individuos sen distinción de ningunha clase e o recoñecemento de dereitos sociais tales como a asistencia pública e a instrucción.

A Convención Xacobina, estaba dirixida dende o Comité de Saúde Publica. Esta Convención tiña dous instrumentos do cambio revolucionario, a virtude e o terror, e dicíase que:”Sin virtude o terror é funesto, pero a virtude sen terror é impotente”

No ámbito da Convención Xacobina, a radicalización trouxo consigo a formación dun réxime dictatorial, dirixido por Robespierre, que consegue gañar a guerra contra as potencias estranxeiras, anexionarse novos territorios e dominar as revoleas internas. Para satisfacer as demandas populares aplicasen medidas de intervencionismo económico, regulamentando as taxas de prezos dos productos básicos e controlando os abastecementos

En octubre de 1793 crease un novo calendario un calendario revolucionario no que se estabrece simbolicamente un novo inicio,unha nova forma de cómputo do tempo no que se quere demostrar que as causas cambiaron e que non se pode volver atras.

Entre os anos 1795 e 1799 dáse o Período do Directorio. Nesta época aparecen, no ámbito político,a Constitución de 1799, e unha activa política exterior. Esta última caracterízase por unha continuación das guerras e unha exapansión territorial, coa anexión de territorios e a creación das Repúblicas Irmáns. Coa creación destas repúblicas, favoreceráse á extensión de ideas e institucións creadas na revolución

En 1799 o golpe de Estado de Bonaparte (18 de Brumario) co apoio da burguesía que cada vez pulaba máis pola consolidación das conquistas revolucionarias. O exército era o que podía facelo posible e frear o camiño tanto cara ó pasado como cara á esquerda

No ano 1801 Napoléon estrabece a paz coa Igrexa ó acadarse a firma dun tratado coa Santa Sé, no que a Igrexa acepta secularización dos seus bens e recoñece ó goberno de Napoleón, a cambio de recoñecemento do catolicismo como maioritario en Francia e aseguralo mantemento económico do clero. Así, tamén se estabreceu un Código Civil, que recollía as novas leis e principios liberais


(Grazas a todos/as os que participastes)

Arquivo de traballos

noviembre 2006   diciembre 2006   enero 2007   febrero 2007   marzo 2007   mayo 2007   junio 2007  

  • PÁXINA PRINCIPAL
  • 3ILLOPARAES3A2
  • CAHIER DE DOLEANCES
  • ACTUALIDADE DA AULA
  • This page is powered by Blogger. Isn't yours?