Krpta d traballos

...Alguien dijo alguna vez: "por la boca vive el pez" (Adolfo Cabrales)

2.01.2007

 

COMPARACIÓN DOS MODELOS POLÍTICOS. Por Mª Vellón



COMPARANDO OS MODELOS POLÍTICOS DA MONARQUÍA CONSTITUCIONAL, DA CONVENCIÓN XACOBINA E DO DIRECTORIO


No que respecta ós modelos políticos, dende a Monarquía Constitucional, pasando pola Convención ata o Directorio, débense destacar as diversas medidas políticas acatadas.


Durante a Monarquía Constitucional, a soberanía era Nacional, isto é, o poder estaba en mans da nación, entendendo por esta ós grupos posuídores; coa chegada da Convención, o poder pasou a ser do pobo: soberanía popular; pero coa instauración do Directorio, volveuse cara atrás, e os posuídores de novo convertéronse nos poderosos.


A Monarquía Constitucional vixente dende 1789 ata 1792, primeiramente se baseou na Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán (1789), a cal recollía o programa básico do movemento liberal burgués. E despois asentou as súas bases na primeira Constitución francesa, creada en 1791. Nesta sobresaíu a importancia da soberanía nacional, a participación dos cidadáns mediante sufraxio censitario, e por suposto, a división de poderes. O rei mantiña o poder executivo, aínda que tiña que gobernar por medio de ministros.


Ó abolir en 1792 a Monarquía Constitucional, se deixa paso á unha República, na cal primeiramente se establece un goberno de Convención, é dicir, un sistema no que unha Asamblea asume tódolos poderes do Estado, exercidos a través de Comités. En 1795, trala caída do réxime de Convención, nace unha nova etapa política coñecida como Directorio na que os poderes políticos se separarán. Por unha parte o lexislativo será bicameral, constituído así pois polo Consello dos Cincocentos, que propón as leis, e o Consello dos Anciáns, que as aproba. Así mesmo o poder executivo estará formado por un Directorio de cinco membros, os cales serán elixidos polos dous consellos. O xudicial estará en mans de xuíces designados popularmente.


Acerca dos dereitos, cabe destacar o importante papel das tres Constitucións creadas durante estes tres períodos.
Na Monarquía Constitucional, nun primeiro momento sobresae a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán, a cal, entre outros aspectos, concreta os dereitos considerados naturais e imprescriptibles do home: a liberdade individual, a igualdade ante a lei e a propiedade persoal: sempre destacando este último por ser quizáis máis novedoso, reflexo do dominio burgués. Máis adiante, co nacemento da primeira Constitución francesa, xordirán outros dereitos e/ou obrigas como a participación dos cidadáns no que se refire á aprobación de certas medidas, eso sí, baixo un sufraxio censitario activo e pasivo, polo cal só poden votar certos cidadáns segundo as súas respectivas situacións económicas. Tamén quedarán garantidos os dereitos e liberdades individuais.

Durante a Convención elaboraráse unha nova Constitución na que entre outras cousas se aprobará o sufraxio universal masculino, isto é, terán dereito a voto todos aqueles varóns maiores de idade; e aparecerá unha nova declaración de dereitos, moito máis radical: agora a igualdade prevalece sobre a liberdade; non existen restriccións ós dereitos por utilidade social e se aseguran os dereitos sociais, xa non só individuais. Isto é unha gran vantaxe para os grupos sociais menos favorecidos, xa que tódolos cidadáns sen excepción, terán dereito a ser instruídos, a ser asistidos en caso de enfermidade, etc.

Pola contra, trala aprobación do Directorio, en 1799 elabórase unha terceira Constitución pola cal se voltará en parte ó programa propugnado pola primeira etapa da Revolución, xa que se eliminan os dereitos sociais, insistindo soamente nos de propiedade e igualdade. Así mesmo se recupera o antigo sufraxio censitario, a través do cal se aproba o estabrecemento da propiedade como clave do sistema político.


Para finalizar, aclarar que coa instauración da Monarquía Constitucional, a división ideolóxica dos revolucionarios desembocou na aparición no xogo político de diferentes grupos que loitaron por controla.lo poder. Así pois destacaban os monárquicos constitucionais, apoiados pola nobreza liberal e a alta burguesía; e os demócratas, separados en varias tendencias ideolóxicas: os xirondinos, apoiados pola burguesía media, defensores de posturas moderadas; os cordoeiros, que oscilaban entre as posturas xacobina e as xirondinas; e os xacobinos, apoiados polas masas populares, con ideas radicais. Foron os xacobinos e os xirondinos os que se viron especialmente enzarzados na búsqueda do poder. Así pois inicialmente a Convención estivo controlada polos xirondinos, pero o control destes moderados soamente durou un ano, xa que no 1793 fixéronse co poder os xacobinos, os revolucionarios radicais, quenes, á súa vez, despedíronse do control coa volta ó dominio da alta e media burguesía, apoiada polas clases populares.



Co estudio destes aspectos, se observa a crecente radicalización do proceso revolucionario, que alcanza o seu máximo esplendor na Convención Xacobina, puidende así considerarse a esta fase, o período democrático da Revolución. Pese a todo, esta radicalización vai desembocar de novo na moderación do Directorio.

Etiquetas:


Comments:
jajaja!gracias profe, las imágenes le sientan mucho mejor!!
 
Pero se qures poñer outras, tí mesma, que pa' eso eres a autora.
Por cierto voy a epezar a poner cosas de Budapest na páxina principal para que abramos boca.
 
Publicar un comentario



<< Home

Arquivo de traballos

noviembre 2006   diciembre 2006   enero 2007   febrero 2007   marzo 2007   mayo 2007   junio 2007  

  • PÁXINA PRINCIPAL
  • 3ILLOPARAES3A2
  • CAHIER DE DOLEANCES
  • ACTUALIDADE DA AULA
  • This page is powered by Blogger. Isn't yours?