Krpta d traballos

...Alguien dijo alguna vez: "por la boca vive el pez" (Adolfo Cabrales)

6.06.2007

 

OS EFECTOS DA GUERRA MUNDIAL NO ESTALIDO DA REVOLUCIÓN RUSA by Uxía Cagiao

A primeira Guerra Mundial supuso para a revolución rusa a coiuntura necesaria para a caída do absolutismo que sostiña o réxime tsarista, e así, preparouse o camiño para a revolución.

As dramáticas consecuencias da Gran Guerra provocaron o incremento das penalidades e con isto o aumento do descontento da poboación, acompañado sempre dunas perdas económicas cuantiosas. Así, a primeira Guerra Mundial tan só “agudizou o cúmulo de tensions herdadas”.

Sen embargo, os partidarios do réxime tzarista sostiñan que a través da guerra o pobo achegaríase as súas posicións e defensas ó réxime tzarista, pero realmente a participación no conflicto tan só logrou mostrar as debilidades que o imperio ruso presentaba, mostrando ó pobo “a gran debilidade do xigante ruso”.

A necesidade de incrementar o número de efectivos do exército trouxo consigo que se precisara o reclutamento da poboación agrícola e gandeira, sen poder cegar a conseguir o abastecemento do pobo ruso. Non obstante, a falta de recursos e alimentos precisos xerou fame nos habitantes, cegando a incrementar a tasa de mortalidade.

Así, “o desabastecemento derrubou a moral das tropas e da retagarda”, xunto ca inferioridade de armamento do exército ruso e a incapacidade dos seus mandos provocaron que as derrotas sucederan unhas a outras, aumentando tamén a perda dos territorios dentro dun ambiente onde a moral estaba moi baixa.

A miserias e dificultades aumentaban progresivamente nos habitantes a consecuencia do esforzo bélico que facían cada vez mais complicadas as situacións de supervivencia dos individuos (aumento dos prezos, desabastecemento, primacía da producción militar sobre a de consumo debido á economía de guerra...)

O desexo de paz do pobo ruso desenvocou nun apoio ás teses defendidas polos bolcheviques de abandonar a Guerra; tomando así forza moitas das súas iniciativas. Mentres, os defensores do tsarismo defendían a continuación duna guerra e loita que parecía interminable.

Non obstante a frase citada na película “Dr. Zhivago” resume á perfección as tensions presentes no ambiente, onde tan só as dramáticas circunstancias provocarían que o réxime establecido escoite realmente a voz do pobo e o seu desexo de establecer de novo a paz en Rusia “When the boots wore out they´d be ready to listen”.

A guerra tivo fatais consecuencias para o réxime tzarista posto que como moi ben cita Lenin era “o regalo máis fermoso que o tsar facía á revolución”.

Finalmente, o día 23 logo de esperar diante duna panadería, organizouse unha espontánea manifestación polas rúas, protestando pola falta de alimentos, iniciando así a revolución de 1917.

Comments: Publicar un comentario



<< Home

Arquivo de traballos

noviembre 2006   diciembre 2006   enero 2007   febrero 2007   marzo 2007   mayo 2007   junio 2007  

  • PÁXINA PRINCIPAL
  • 3ILLOPARAES3A2
  • CAHIER DE DOLEANCES
  • ACTUALIDADE DA AULA
  • This page is powered by Blogger. Isn't yours?