Krpta d traballos
...Alguien dijo alguna vez: "por la boca vive el pez" (Adolfo Cabrales)
5.17.2007
"Mitín Cartista" por Noelia Fernández 1ºD
Mitin cartista
Dende o pedregoso e insoluble camiño nublado pola persistente brétema de gases tóxicos, composicións malignas e de outros fumes pódese escoltar o temeroso murmurio da fábrica. Unha voz persistente, na súa posición principal, intenta persuadir ó auditorio, envolvendo de esperanza e reforma cada unha das súas profundas palabras…
- Compañeiros, debemos mobilizarnos, cambiar a situción vixente! o Parlamento rexeitou en 1838 as peticións da “carta do pobo”, pero non po iso podemos rendirnos. Os ideais cartistas non se compoñen só de conseguir melloras laborais ( como facían anteriormente, os precedentes obreiros ata 1830).
Buscamos tamén, reformas políticas que nos permitan partciipar dentro do sufraxio universal.
Caladas voces susurran proclamando un feble rumor de medo e desconfianza.
-¿Qué se cree este? Levamos anos igual, xamáis teremos lugar nesta sociedade. Inxenuo aquel que pense que podemos ocupar o lugar dos ricos e poderosos.
-Sí, sí. Só eles teñen o poder. Por moito que se faga nunca nos deixarán participar en nada, non poderemos lograr que triunfe o sufraxio universal. As cousas permanecerán perpetuamente iguais.
O obreiro que dirixía o mitín continuaba:
-¿Queredes seguir vendo ós vosos fillos pasando fame, traballando de sol a sol, durmindo en vivendas indignas? ¿Equivócome en algo?
Somos homes que cumplimos cos nosos deberes, ¿quen nos concede dereitos? Se o parlamento acepta as nosas peticións de reformas estaremos moi próximos ó noso triunfo.
-Pero o Parlamento xa as rexeitou fai dous anos, nunca acordarán unh asolución común que concorde cos seus intereses. ¿Qué movería a éste para concedernos o que lle solicitamos?
-Somos a mayoría que sustenta a población de Gran Bretaña, iso ninguén pode nega-lo. é posible organizar grandes masas de traballadores arredor dun obxectivo político común.
é certo que o poder que poseen as clases privilegiadas é incomparables á nosa infrahumana situación.
Pero pensade, ¿pódese acaso comparar un extenso exército cuns cantos xinetes orgullosos? O exército vencerá a eses arrogantes homes, polo seu volume e polo poder das súas armas.
-Romántico…¿Qué armas?
-Non compañeiros, somos a forza que pode cambiar as inxustizas, só temos que creelo.
(falaban os traballadores , en posición contrapostas)
-As nosas armas, amigo; son, como xa mencionei, o noso número (co cal podemos realizar miles de sinaturas, folias…) e como elemento principal a nosa ideología que xunto coa nosa unidade faremos invencibles.
¿Non vos gustaría poder ejercer de deputados obtendo unha xusta remuneración adecuada ó voso cargo polo servozo coa nación?
¿Poder loitar pola vosa clase e alimentar decentemente ás vosas familias? Creédeo, é posible, sí é necesario a nosa unión.
-Si, demos satisfacción ás nosas necesidades e unha democracia para todo o pobo!
Arquivo de traballos
noviembre 2006
diciembre 2006
enero 2007
febrero 2007
marzo 2007
mayo 2007
junio 2007
Seccions do caderno
PÁXINA PRINCIPAL
3ILLOPARAES3A2
CAHIER DE DOLEANCES
ACTUALIDADE DA AULA
