Krpta d traballos

...Alguien dijo alguna vez: "por la boca vive el pez" (Adolfo Cabrales)

5.23.2007

 

A I G.M. no estalido da Rev. Rusa

Como ben dixo Lenin: “A Primeira Guerra Mundial foi un factor acelerador da historia”, isto é, da Revolución Rusa.

A causa da I Guerra Mundial o cultivo das terras quedou paralizado, xa que, chegado un punto no que se precisaban soldados no fronte, recrutáronse campesiños. Esta situación, de ser adversa por si soa a causa da intranquilidade do pobo, viña ligada ó desabastecemento; isto é, á fame, que se agudizou nas cidades. A causa de estar levando a cabo unha economía de guerra, o propio Estado non estaba en condicións de proporcionar alimento ós seus habitantes, así que comezou o emprego de cartillas de racionamento, polas cales a cada familia de traballadores lles eran concedidos certos alimentos; pero sempre eran escasos. A fame, como xa temos visto noutros casos (recordar o estalido da Revolución Francesa o mesmo día de xullo no que o pan alcanza o seu máximo prezo), constitúe un grave foco de tensións, nunha loita pola propia supervivencia.

Enlazar con todos estes facotres, unha frase moi significativa pronunciada na película Dr. Zhivago en boca dun bolxevique; palabras textuais: “When the boots wore out the’d be ready to listen”; xa que con estas palabras estásenos a explicar que unha vez fundidas as forzas dos propios soldados, estes comprenderían o mal que lle está a facer a Guerra Mundial ó país, xa que o está a exprimir ata a última gota; razoando polo tanto, que é unha guerra innecesaria.

Así mesmo, para engadirlle máis tesión ó asunto, aparecen grupos (ata o momento clandestinos) opostos ó goberno tsarista; que prometían novos sistemas de goberno socialistas ou mesmo anarquistas. Estes grupos se valían de propostas un tanto utópicas (xa o é unha sociedade anárquica; ou un país sen guerras); e facían folgas e manifestacións pacíficas.
Pouco a pouco, as súas ideas ían seducindo ós cidadáns, encarándoos fronte ó réxime autocrático do tsar. Isto se deu a notar cando soldados abandonan o fronte para ir de volta ós seus fogares; situación que, recordando de novo a historia de Dr. Zhivago, se plasma nunha sinxela frase: “At last, they did what all the armies dreamed of doing...”.

Pola outra banda, o goberno, que reprimía as manifestacións e protestas de forma sanguinolenta, non lle concedía importancia ó descontento do pobo; tanto é así que nin sequera prometía o final da terrible guerra. Sinxelamente, o tsar permanecía alleo.


Esta serie de efectos foron foco de moitas tensións, finalizando así, na Revolución Rusa.



María Vellón

Comments:
Perdona profe, pero no pude publicar en "Krpeta de traballos" desde la invitación que me enviaste a mi correo; sólo me dejaba publicar en "Caderno de Historia Contemporánea". Así que he vuelto a usurpar tu identidad!!xDD
 
Publicar un comentario



<< Home

Arquivo de traballos

noviembre 2006   diciembre 2006   enero 2007   febrero 2007   marzo 2007   mayo 2007   junio 2007  

  • PÁXINA PRINCIPAL
  • 3ILLOPARAES3A2
  • CAHIER DE DOLEANCES
  • ACTUALIDADE DA AULA
  • This page is powered by Blogger. Isn't yours?