Krpta d traballos
...Alguien dijo alguna vez: "por la boca vive el pez" (Adolfo Cabrales)
5.24.2007
Acitividades sobre a Revolución Rusa
Situación agraria de Rusia antes e despois da abolición da servidume, resultado da reforma agraria sobre o crecemento económico en xeral e motivos do seu fracaso.
Nos inicios do século XX, Rusia experimentou un crecemento notable da súa poboación, que era rural e campesiña maioritariamente, vivindo só o 20% da
poboación nas cidades.O campesiñado vivía nunha situación de gran penuria económica, soportando o peso das estructuras arcaicas como os métodos técnicas de cultuvo ou maquinaria escasa.
En 1861 foi abolida a servidume, recobrando os campesiños a súa liberdade, poseendo así as terras que antes cultivaban como vasalos feudais, a cambio do pago dunha cantidade de cartos en concepto de compra de lotes de terra e redención de dereitos feudais cun prazo de 49 anos, nos que deberían pagarlle aos grandes propietarios, aos nombres, á coroa ou o clero.
O ser os campesiños tan pobres, o estado lles adiantaba ese diñeiro, pasando de servos a deudores do estado, sendo vencellados a unha Comunidade campesiña na que entre todos debían pagar todo e non cada un o seu.
Os fortes impostos estatatis, os anos de malas colleitas e o pago das débedas ó estado ocasionaron a miseria campesiña.
Por elo cómpre dicir que a reforma agraria non tivo un bó resultado sobre o crecemento económico nin tivo os efectos doutras reformas agrarias, xa que nin foi estímulo para a modernización económica nin para a industrialización do país, nin liberou man de obra, nin xerou grandes beneficios que se poideran investir, nin aportou crecentes cantidades de alimentos, e tampouco fizo do mercado campesiño un lugar onde colocar productor industriais.
En resumo, a reforma agraria de Rusia en 1861 foi un total fracaso.
Ángela Alonso Moreno 1ºD
Arquivo de traballos
noviembre 2006
diciembre 2006
enero 2007
febrero 2007
marzo 2007
mayo 2007
junio 2007
Seccions do caderno
PÁXINA PRINCIPAL
3ILLOPARAES3A2
CAHIER DE DOLEANCES
ACTUALIDADE DA AULA
