...Alguien dijo alguna vez: "por la boca vive el pez" (Adolfo Cabrales)
Coque:
Combustible obtido (por primeira vez en 1709 por Abraham Darby) do proceso técnico de destilación da hulla (carbón mineral) e empregado durante a Revolución Industrial coma fonte calorífica, principalmente na máquina de vapor. Gracias a este combustible mellorouse o rendemento e a potencia enerxética do carbón aplicada, por exemplo, ó proceso de fundición do ferro.
Sabela Caamaño Pérez

Durante la Revolución Agraria ( considerada pola maioría dos hitoriadores como unha das precondicións da revolución industrial ) , a máis de transformacións na estructura da propiedade da terra, déronse transformacións técnicas na actividade agraria. Unha delas é a utilización do cultivo intensivo , o cal permitía producir elevados rendementos ós agricultores. Deste xeito xenerábanse excedentes que permitiron alimentar a unha crecente poboación que pasaba ser, cada vez máis, urbana. Habitante desas cidades nas que constituía a man de obra das fábricas .
Zeltia Cordero
Iniciamos con esta unha serie de entradas no noso caderno nas que daremos paso ós vosos traballos de clase, cando menos aqueles que poidan servir ó resto para preparar mellor a materia. Neste caso será o comentario dos mapas de Inglaterra en 1750 e 1850.
Disculpade polo tamaño de letra pero é por non facer excesivamente longa a entrada.
COMENTARIO DO MAPA
Estes dous mapas representan a Inglaterra con cen anos de diferencia entre cada un deles (o primeiro aproximadamente en 1750 e o segundo preto de 1850).Neste período de cen anos ten lugar a chamada Iª Revolución Industrial, nacida en Inglaterra debido a unha serie de “precondicións” que lle prepararon o camiño: como a existencia dunha “protoindustria” rural (o putting-out system e o domestic system), o crecemento demográfico grazas á baixa da taxa de mortalidade e a mellora da sanidade e a hixiene, as modificacións das leis de propiedade da terra (Enclosure Acts), o gran desenvolvemento da agricultura (Revolución agraria), o comercio internacional e os transportes, que permitiron un mellor artellamento interno. Esta primeira revolución foi, xunto coas revolucións liberais americana e francesa (Teoría da Dobre Revolución de Eric J. Hobsbawn), a que propiciou o paso do Antigo Réxime da Idade Moderna ó novo réxime da Idade Contemporánea.Nestes dous mapas podemos observar cómo a progresiva industrialización cambia completamente o país tanto no ámbito económico como no ámbito demográfico.En canto á demografía, a Inglaterra de preto de 1750 amosaba algúns núcleos urbanos de máis de 10000 habitantes: Liverpool, Hull, Manchester, Leeds, Sheffield, Chester, Nottingham, Newcastle, Norwich, Bristol e, por suposto, Londres. A maior densidade de poboación estaba na franxa que comprende Norwich, Londres e Bristol, cruzando a illa (debido á grande prosperidade gandeira e laneira da zona) e os arrabaldes de Newcastle no norte. Por esta disposición podemos supoñer que a maior parte da poboación atopábase, ou en pequenos núcleos urbanos ou en aldeas, xa que na zona con maior densidade de poboación só había tres cidades que pasaran dos 10000 habitantes (Norwich, Londres e Bristol). Podemos observar tamén que a maioría dos principais núcleos urbanos están no interior.Por outra banda, na Inglaterra do século XIX observamos unha evidente concentración de poboación nas zonas costeiras e portuarias (Plymouth, Portsmouth, Hull, etc.) e un aumento de poboación moi pronunciado, posto que as cidades que en 1750 tiñan uns 10000 habitantes medran ata máis dos 50000 nestas datas, ademais de que pequenas cidades que antes non chegaban ós 10000 son agora cidades de máis de 50000 habitantes (como Plymouth, Portsmouth, Brighton, Birmingham, Leicester, etc.). A maior densidade de poboación, con máis de 250 hab/km2, repartíase entre as zonas portuarias, a zona de Londres ata Ashford e Canterbury, a zona de Birmingham, Leicester, Nottingham e Wolverhampton, a zona de Newcastle a os portos próximos a minas e xacementos de carbón. Na Iª Revolución industrial pódese ver o claro éxodo rural cara ás cidades onde a liberada man de obra atopaba traballo nas fábricas urbanas, polo tanto, a poboación redistribuíuse na costa, onde están os principais núcleos urbanos polo comercio internacional por mar.Os principais portos e construccións navais de Inglaterra atopábanse en Plymouth (no condado de Devon, ó sudoeste), Portsmouth (no condado de Hampshire, ó sur, na illa Portsea), na Spurn Head (na desembocadura do Humber, preto de Hull, na parte centro-oriental de Inglaterra) e entre Whitehaven e Workington, nunhas minas de carbón na parte noroccidental de Inglaterra. Plymouth e Portsmouth son portos naturais e o porto de Workington está aí, evidentemente, pola proximidade das minas de carbón, o combustible dos navíos. Estes portos se construíron coa idea de comerciar coas colonias e traer a materia prima por excelencia da Iª Revolución Industrial: o algodón, recollido polos escravos negros dos burgueses americanos.No primeiro mapa, o de 1750, preséntanse tres áreas de xacementos mineiros: no sur de Gales (Cardiff, Merthyr e arredores) e no sueste de Inglaterra (East Sussex, condado no que se atopa Brighton) dous importantes xacementos de ferro e na punta máis occidental de Inglaterra (no sur, en Cornualles) un importante xacemento de estaño.Non obstante, no segundo mapa, ademais do xacemento de estaño en Cornualles, atopamos numerosas minas de carbón no sur de Gales, no condado de West Midlands (no centro de Inglaterra, preto de Birmingham), no condado de South Yorkshire (no centro, preto de Sheffield), no condado de Tyne and Wear (no noreste, ó sur de Newcastle) e no condado de Cumbria (no noroeste, preto de Workington).A Inglaterra de 1750 presenta actividades do sector primario: gando nos condados de Avon (Bristol), Northamptonshire (Northampton), Essex (norte de Londres) e Cornualles; e árbores froiteiras no condado de Kent (chamado “o xardín de Inglaterra”). Tamén atopamos actividades industriais: industria laneira no sur (posiblemente condados de Devon, Dorset, Poole e Hampshire), no centro oriente da parte inglesa da illa (no condado de Norfolk) e no norte interior (no condado de Yorkshire, en Leeds); artesanía en Nottingham (Sombreiros), Chester (Alfarería), Liverpool (Algodón) e Sheffield (Coitelería).En 1850, vese a explotación das minas de carbón e a construcción de portos ó longo de toda a costa inglesa.Nese século de cambios constantes a poboación medrou irremediablemente debido ós excedentes agrarios producidos pola maior producción resultante da Revolución Agraria, que baixou a taxa de mortalidade. Este crecemento tan pronunciado levou ó éxodo rural e á concentración da poboación nas cidades industriais, aparecendo así o proletariado industrial, a nova clase social resultante do pensamento capitalista e a Revolución Industrial. Aumentaron tamén considerablemente o comercio con ultramar e os portos e, por conseguinte, o comercio coa lá inglesa e o algodón americano. Explotáronse os xacementos de carbón en toda Inglaterra, dándolle así combustible para os navíos e pulo ó comercio internacional, e o sector secundario pasou a dominar sobre a agricultura e a gandería.
Diego Salgado Travanca
Como vos contei na clase esta nova sección do noso caderno pretende poñer á disposición de todos vos algúns dos mellores traballos que fostes entregando no curso.
Agardo que vos sexan útiles.